Colegio Apóstol Santiago

Suscribirse a canal de noticias Colegio Apóstol Santiago
Actualizado: hace 21 mins 33 segs

LISTADOS FONDO DE LIBROS

21 Julio 2017 - 10:18pm

- Listaxe DEFINITIVO  PRIMARIA admitidos ->

- Listaxe DEFINITIVO PRIMARIA excluidos ->

NOTA ACALARATORIA ao listaxe definitvo.

- Listaxe provisional  ESO ->

A publicación das listaxes definitivas coa adxudicación dos libros de ESO serán antes do 15 de setembro.

LISTADOS PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS

14 Julio 2017 - 10:08am

- Listaxe provisional  PRIMARIA admitidos ->

- Listaxe provisional  PRIMARIA excluidos ->

- Listaxe provisional  ESO ->

Reclamación das listaxes provisionais:  2 días seguintes á publicación das listaxes (17 e 18 de xullo)

Publicación das listaxes definitivas (3,4,5,6 primaria) 21 de xullo

Coa publicación das listaxes definitivas de primaria, sairá outro informe cos libros que se lles dará ás familas.

A publicación das listaxes definitivas coa adxudicación dos libros de ESO serán antes do 15 de setembro.

O COLEXIO, NUNHA REPORTAXE DA TELEVISIÓN DE GALICIA

10 Julio 2017 - 7:19pm

Compartimos o programa da TVG con motivo do noso centenario. "Polo Camiño da fe" adicou este domingo o seu espazo ao estilo educativo dos Xesuítas de Vigo.Participou nel toda a comunidade educativa: alumnos, Anpa, xesuítas e profesores.

 http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/xesuitas-de-vigo

EVA DÍZ RECOLLE EN MADRID O PREMIO NACIONAL DA ESO

6 Julio 2017 - 12:24pm

Eva Diz Ferreira, alumna do colexio Apóstol Santiago, recolleu en Madrid un dos 15 premios nacionais da ESO que se conceden en España cada ano por parte do Ministerio de Educación. O acto celebrouse na histórica Sala de Cámara do Auditorio Nacional da Música de Madrid.

O galardón outorgado a nosa alumna Eva Diz é un dos prestixiosos Premios Nacionais do Ensino non Universitario. Neste caso, na categoría de rendemento académico do alumnado, correspondente á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e aos alumnos que estudaron 4º no curso 2015-2016. Este recoñecemento está dotado cun premio de 1.000 euros.

HORARIO VERANO SECRETARÍA

30 Junio 2017 - 4:03pm

Os recordamos que como viene siendo habitual en los meses de julio y agosto, la secretaría abrirá en horario de 9 a 12. Sólo permanecerá cerrada del 1 al 17 de agosto. Felices vacaciones

ESTREAMOS NOVO BLOG DE DEPORTES DO COLEXIO

29 Junio 2017 - 1:16pm

Toda a información vinculada ao deporte federado do Colexio xa ten un novo blog, que estreamos hoxe.  O noso club, o Apóstol, as familias e os deportistas poden atopar nel unha ferramenta de comunicación actualizada, ordenada e moi sinxela de utilizar.

http://federadoapostol.blogspot.com

ENTREGA DE NOTAS ESO E BACHARELATO

26 Junio 2017 - 5:20pm

 

A entrega de Notas para os alumnos de ESO e BACHARELATO realizarase o Martes 27 as 12:30 horas.

DESPEDIMOS O CURSO CUNHA NOVA EDICIÓN DA REVISTA O NOSO LAR

22 Junio 2017 - 11:07am

 

Xa temos no colexio o número 53 da revista O Noso Lar, que acaba de ser editada neste mes de xuño. A publicación recolle os principais acontecementos e novas vinculadas có colexio, desde febreiro ata xuño.

A reunión da PAL (Plataforma Apostólica Galega) no Apóstol, e o premio nacional da ESO que obtivo a nosa alumna Eva Diz, son protagonistas na portada. Dentro, as novas por ciclos, departamentos, a graduación de 2º de Bacharelato e moitas informacións que seguro son do teu interés.

APERTURA ROPERO

20 Junio 2017 - 6:50pm

Ya está finalizando el curso y una vez más El Colegio y el ANPA colaboran para poder dar una segunda vida a los uniformes que se han quedado pequeños.

Abriremos el ropero el jueves día 29 de junio, tanto por la mañana como por la tarde, en el siguiente horario:

De 11:00 a 12:00h
De 17:00 a 18:00h

Os animamos a entregar todas las piezas de ropa que vuestros hijos no vayan a volver a utilizar y a solicitar aquellas que necesitéis.
Hacen mucha falta chándales, faldas y jerséis de tallas medianas y grandes. 
Hacemos un llamamiento especial a las familias de 6º de EP que se despiden de los uniformes para que hagan sitio en los armarios.

CELEBRACIÓN DO 250º ANIVERSARIO DO PECHE DO PRIMEIRO COLEXIO DOS XESUÍTAS EN GALICIA

19 Junio 2017 - 9:19am

A presenza dos xesuítas en Galicia comezou en 1556 coa decisión de construír, en Monterrei  (Ourense), o primeiro colexio da Compañía de Xesús na nosa comunidade, que foi chamado Santiago o Maior. Ademais, foi o último que fundou San Ignacio pouco antes de morrer.

Este fin de semana, nun acto histórico para a Compañía de Xesús en Galicia, conmemorouse o 250º aniversario da desaparición dese primeiro colexio dos xesuítas en terras galegas. O director do noso colexio, Iván Mirón, e o superior dos xesuítas en Vigo, Pedro Armada sj, representaron ao Colexio Apóstol neste acontecemento. 

O descubrimento dunha placa conmemorativa de tal efeméride puxo fin a unhas xornadas organizadas polo concello de Monterrei e a UNED, as que acudiron boa parte da familia xesuítica galega.

O colexio de Santiago o Maior abriuse nesta localidade ourensá en 1556 e pechouse en 1767.

 

ACOLLIDA AUXILIAR DE CONVERSACIÓN

7 Junio 2017 - 5:49pm

Estimadas familias:   

Entramos en contacto con vostedes, porque o próximo ano queremos seguir a experiencia de aloxar nas vosas casas un auxiliar de conversa. A nosa escola participou por tres anos nun programa de asistentes de linguas, o que nos permite gozar de varios falantes nativos en inglés que dan soporte o proxecto plurilingüe do colexio, facendo tarefas de asistencia e apoio ás actividades de ensino e aprendizaxe de inglés e aumentando o contacto dos nosos alumnos con esta linguaxe.

Un dos elementos clave do programa son as familias que poden acoller un asistente de conversa durante o curso escolar na casa.

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-2018

5 Junio 2017 - 9:42am

Orde do DOG nº 96 do 22 de maio 2017:  ver axuda ->

DOBLE CITA PARA ESTE VENRES NO COLEXIO

1 Junio 2017 - 11:34am

O colexio acolle este vernes 2 de xuño dúas actividades. Para os máis pequenos, e na biblioteca, un obradoiro organizado pola Asociación Xaruma desde as 6 da tarde. Neste caso será baseado no xogo "O trivial das emocións".

ALBUM DE FOTOS FESTAS COLEXIAIS 2017

29 Mayo 2017 - 12:51pm

 

Compartimos o album de fotos das festas colexiais 2017 correspondentes ao segundo día, xoves 11 de maio.

Ver Album ->

A FROITA, PROTAGONISTA ESTE VENRES NO COMEDOR DO COLEXIO

25 Mayo 2017 - 11:53pm

Este venres, 26 de maio,  haberá unha mesa de exposición sobre as froitas e as súas propiedades. Será a modo informativo para os nenos e nenas do comedor.

Unha acción que forma parte do proxecto educativo que estamos a levar a cabo, desde o comedor, có noso alumnado. O podes consultar aquí

O SÁBADO 27, VISITA GUIADA PARA COÑECER A HISTORIA DO COLEXIO NA FINCA DE BELLAVISTA

22 Mayo 2017 - 1:01pm

O colexio Vigo organiza, o vindeiro sábado 27 de maio, unha xornada de portas abertas para realizar unha visita guiada polas súas instalacións e edificios. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o patrimonio arquitectónico do colexio e a historia do mesmo na finca Bellavista, onde estamos instalados desde primeiros do século XX.

Queremos achegar, ademais de a toda a comunidade escolar do propio centro, aos cidadáns de Teis e aos de Vigo en xeral, a historia dun dos colexios centenarios da cidade.

DÍA HISTÓRICO PARA O COLEXIO COA GRADUACIÓN DE SEGUNDO DE BACHARELATO

19 Mayo 2017 - 9:26pm

Este venres, 19 de maio, foi o día da despedida do noso alumnado de 2º de Bacharelato. En total,  93 estudantes (50 mozas e 43 mozos) se graduaron nunha xornada cargada de emocións e de mostras de agarimo cara ao que foi o seu colexio durante os últimos anos, cara aos seus mestres e cara ás súas familias.

Páginas